Seminario Gratuito de Planificación Empresarial
Construcción e avaliación de: MODELOS de NEGOCIO
Persoal destinatario
Estudantes, traballadores e traballadoras en activo, desempregados e desempregadas e, en xeral, todas aquelas persoas que teñan unha idea ou proxecto empresarial que queiran analizar para asegurar a súa boa marcha. Para a adxudicación de prazas valorarase especialmente que o persoal interesado teña vinculación con calquera das universidades galegas.
Selección dos/as participantes
Número de prazas limitado a 35
Para a selección de inscritos/as nesta acción formativa valorarase:
1. En primeiro lugar, a vinculación universitaria coa Universidade de Santiago, Coruña ou Vigo do proxecto do que é titular o/a participante.
2. En segundo lugar se amosou interese en participar na XIII edición do Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC mediante a cumprimentación e envío da correspondente ficha de preinscrición (Máis información en http://www.uniemprende.es/xiii-edici%C3%B3n-concurso-proxectos-empresariais-innovadores-da-usc).
3. En terceiro lugar, a orde de inscrición en que quedara rexistrada a súa solicitude.
Duración, días, lugar de celebración e horario
15 horas de sesións formativas+ titorías individualizadas
Días de celebración
· Mércores 10 de abril
· Venres 12 de abril
· Mércores 17 de abril
· Venres 19 de abril
· Mércores 24 de abril
Lugar de celebración
Aula de Formación, Edificio Emprendia (Campus Vida); Santiago de Compostela
Horario
Tódolos días sinalados de 10 a 13:30 horas
Ademais das datas sinaladas, haberá dúas titorías persoalizadas intercaladas entre as sesións fixadas, en fechas por determinar e comunicadas, con anterioridade a súa celebración, ao alumnado participante.
Mais información e inscricións
Matrícula gratuita
Pasos para inscribirse
1. Descargar o seguinte Formulario de inscrición
2. Gardalo no teu PC
3. Cumplimentalo
4. Envialo a uniemprende@usc.es
Contacto:
Edificio Emprendia; Campus Vida-15782, Santiago de Compostela
Teléfono: 900 100 981
No hay comentarios:
Publicar un comentario