Continuando o percorrido iniciado en outubro, a exposición Con Nome de Muller chega agora á Facultade de Historia logo de pasar por diversos puntos do campus santiagués . Con este motivo, o próximo día 9 de abril, as 12 h., unha xornada sobre o emprendemento feminino na área das Ciencias Humanas reunirá na Facultade de Historia a especialistas procedentes de diferentes áreas das Humanidades, tanto na súa dimensión máis teórica como na aplicada, así como emprendedoras que reflexionarán e analizarán o percurso desde que unha idea é xerada na investigación básica até que pode ser utilizada empresarialmente.
Agardámoste, daquela, para debater sobre emprendemento en humanidades.
Recibe unha aperta moi cordial.
Percorrido da exposición Con nome de Muller:
§ Salón Nobre de Fonseca, 27 outubro de 2011
§ Concello de Santiago, 2 e 3 novembro de 2011 ,Feira Internacional do Emprego de Santiago.
§ Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, do 4 ao 21 de novembro.
§ Facultade de Ciencias da Comunicación, do 21 de novembro ao 15 de decembro.
§ Facultade de Filoloxía, do 15 de decembro de 2011 ao 15 de xaneiro de 2012
§ Edificio Docente, Roberto Novoa Santos, Hospital Clínico Universitario, do 15 de xaneiro de 2012 ao 25 de febreiro de 2012
§ Facultade de Filosofía, do 28 de febreiro de 2012 ata o 30 de marzo
Un saudo,
Eva López Barrio
Programa Woman Emprende
Universidade de Santiago de Compostela
No hay comentarios:
Publicar un comentario