martes, 5 de junio de 2012

Semana de talleres: A ruta para emprender


 

Se non visualiza correctamente este correo, pode mostralo a través do seu navegador

 

 

Información promocional

 

 

 

A Universidade de Santiago de Compostela a través do seu programa Woman Emprende, e coa colaboración da Asociación Executivas de Galicia e do BIC GALICIA, organiza unha semana de talleres destinados a fomentar o Emprendemento Feminino Universitario.

Os talleres teñen lugar dentro do Proxecto Innovatia 8.3 financiado polo Instituto de la Mujer baixo o compromiso de crear un modelo de intervención que integre a perspectiva de xénero nos procesos de creación de empresas de base tecnolóxica no contorno universitario.

Ao longo destes talleres prácticos e dinámicos iremos vendo todas as fases que acompañan ao emprendemento feminino, dende a difusión da cultura emprendedora, a localización do interés por emprender entre a comunidade universitaria, as ferramentas que impulsan esta actitude emprendedora e a materialización nun plan de empresa, para logo dar o paso en converterse nunha realidade empresarial, xerando emprego de alto valor engadido para as mulleres universitarias, que compitan en mercados innovadores, internacionais e que transfiran á sociedade o coñecemento froito da investigación.

 

 

Destinatarias

Os talleres van dirixidos a todas as mulleres que se atopen nalgunha fase do emprendemento, tanto estudantes, investigadoras, empresarias na fase de creación de empresa, empresarias consolidadas, executivas, etc. E cumplirán un doble obxetivo, formativo e de creación de redes de contacto e de axuda e titorización entre as diferentes asistentes aos talleres de emprendemento.

 

 

Talleres

LUNS, 11 de xuño dende as 16:00 ata as 20:30

Axudando a desenvolver ideas emprendedoras

·         Da idea ao plan de empresa

·         Empresas que nacen da Universidade

MARTES, 12 de xuño dende as 16:00 ata as 20:30

O financiamento no proceso de creación de empresas

·         O financiamento como axuda no proceso emprendedor
O capital risco como fonte de financiamento das spin-offs
Investindo en proxectos empresariais

·         Apoios das Administracións Públicas ás novas empresas

MÉRCORES, 13 de xuño dende as 16:00 ata as 20:30

Marco legal para a constitución dunha empresa

·         Formas xurídicas e trámites de constitución dunha empresa

·         Marco xurídico para a creación de EBT dende as universidades

XOVES, 14 de xuño dende as 16:00 ata as 20:30

Claves para o éxito empresarial

·         Os recursos humanos: a clave do éxito
Liderazgos e habilidades directivas

·         Emprender e innovar no sector das TIC
As redes sociais como oportunidade profesional

·         O entorno económico e social dentro da empresa
A responsabilidade social corporativa

 

 

Localización

Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, Campus Vida
Santiago de Compostela, A Coruña. España.

 

 

Información e inscripciones

Matrícula Gratuíta, prazas limitadas.
Data límite de inscrición 7 de xuño

Para inscribirte accede ao
Formulario de inscrición

Tes a túa disposición tódala
Información detallada dos talleres

Pode porse en contacto connosco a través de uniemprende@usc.es ou utilizando o teléfono: 900 100 981.

 

 

 

 

 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario